O 25 de outubro, na aula 10 do IES Macías o Namorado, o alumnado de Literatura Universal homenaxeou a Federico García Lorca co motivo da efeméride do «Día de Lorca en Galicia».
Léronse os Seis poemas galegos. Lorca, quizais un dos poetas máis grandes de todos os tempos, decidíu escribir na nosa lingua. Coñeceu a poesía de Rosalía de Castro e publicou Os Seis Poemas Galegos; a publicación en galego con maior proxección internacional. “Llevo a Galicia en el corazón” chegou a recoñecer nunha entrevista en 1933. Unha declaración de amor por unha terra e por unha cultura.