Exposición «Libertas»

O venres, 1 de febreiro acudimos á Fundación Camilo José Cela co alumnado de 1ª de Bacharelato para visitar a exposición LIBERTAS, presentada por dúas guías fantásticas: Nerea Hernández e Aldara Hernáiz.

Ambas as dúas alumnas déronnos a coñecer a proposta artística de Olegario Sampedro, que realizou esculturas, instalacións, imaxes fotográficas e pinturas inspiradas na obra de autoras e autores do noso país como M.X. Queizán, Margarita Ledo, Inma López Silva, Bieito Iglesias, Ferrín e Lorca, mais tamén de fóra como Orhan Pamuk, Mae Azango, Susana Chávez, Jude Dibia, Liu Xiaobo e Ángel Cuadra.

A visita pareceunos ben interesante, dado que o seu berce é a defensa da liberdade de expresión, e, polo tanto, a defensa dun dereito humano básico, que, malia parecer unha obviedade non o é tanto. Pénsese entón, como moi ben apuntou Sampedro na rolda de preguntas, na Lei Mordaza, que revela unha estreiteza de visión por parte da clase política que a promoveu. Neste sentido, Olegario explicou alí o alumnado expectante como as autoras e autores nos que se inspirou para realizar o seu traballo se implicaron, no seu día, na defensa dos dereitos humanos, e, xa que logo, na liberdade de expresión para DENUNCIAR AS INXUSTIZAS. Eis o caso de Mae Azango, por exemplo, famosa polas súas reportaxes nas que denuncia algo gravísimo: AS MUTILACIÓNS FEMININAS NO SEU PAÍS. Outro caso similar é o de Susana Chávez que leva anos intentando facer visíbeis os FEMINICIDIOS DE CIUDAD JUÁREZ.

A verdade é que nos pareceu moi interesante a proposta de Olegario Sampedro e a atención prestada ao traballo que as escritoras -poetas, cineastas, fotógrafas etc- realizamos na Galiza.




Homenaxe a Lorca – 25 de outubro

O 25 de outubro, na aula 10 do IES Macías o Namorado, o alumnado de Literatura Universal homenaxeou a Federico García Lorca co motivo da efeméride do «Día de Lorca en Galicia».

Léronse os Seis poemas galegos. Lorca, quizais un dos poetas máis grandes de todos os tempos, decidíu escribir na nosa lingua. Coñeceu a poesía de Rosalía de Castro e publicou Os Seis Poemas Galegos; a publicación en galego con maior proxección internacional. “Llevo a Galicia en el corazón” chegou a recoñecer nunha entrevista en 1933. Unha declaración de amor por unha terra e por unha cultura.


Madrigal á cibdá
de Santiago, Aldara