Molière – El misántropo.

Por que escollín esta obra?

Escollina polo simple feito de que o nome chamábame a atención.

Trama:

Alceste é un mozo fidalgo descontento coa sociedade na que vive e cuxo máximo expoñente é a Corte, á que acusa de aduladora e falsa. A súa sinceridade e falta de tacto lévano a numerosos preitos, como o que ten con Orontes, xa que este lle pide a súa opinión sobre unha obra que escribira, e Alceste dille que carece de beleza e os versos son inexpresivos, isto fai que se indigne a Orontes. Filinto, amigo de Alceste, aconséllalle que sexa máis suave e tolerante co resto.

  A pesar das súas ideas misantrópicas, Alceste está namorado de Celimena, unha nova nobre. Alceste tenta falar con ela do que está a sentir, pero ela acúsao de paranoico e celoso. Ela simplemente xoga co amor dos seus diversos pretendentes e divírtese con eles.

  Arsinoe, amiga de Celimena, está namorada de Alceste, a quen lle mostra unha carta de Celimena dirixida a Orontes. Dende alí vai pedir explicacións a Celimena, quen di que esta carta fora mal interpretada, e que estaba dirixida a un amigo. Nese momento chega Dubois, o lacaio de Alceste, que lle di que a policía o busca para detelo. Mentres tanto, Filinto decláralle o seu amor por ela a Elianta, a prima de Celimena, cando aparece Orontes. Pídelle a Celimena que aclare e diga a quen quere, tamén estivo alí Alceste e outros dous pretendentes. Celimena acaba desprezada por todos menos por Alceste que lle ofrece o perdón a cambio de que fuxa con el, pero ela négase.

  Por fin Alceste marcha a buscar un lugar apartado da terra, onde poder vivir en paz e honra.

Esta imaxen é tomada nunha adaptación bastante famosa da obra El misántropo de Molière.

Webgrafía:

https://comedianacional.montevideo.gub.uy/evento/el-misantropo

https://groups.google.com/g/el-rincon-de-la-amistad/c/ZxBBbU3SjdU